viernes, 17 de julio de 2009

A PEDRA DOS NAMORADOS



.... en noites de lúa chea, o mesmo home, a mesma historia, suficiente un bico eterno para xustificar toda unha vida comprimida nunha resignada almofada. Sen horas que contar, sen bágoas que conter, sen ira que repartir, ... sen pensamentos que executar. Tan só un bico eterno para esquecer os xogos indecentes do seudoamor, das noites de insomnio que haberán de vir, da paz que fun incapaz de conquistar non só para mi.
Como sempre, puntual, pronto volverá a lúa chea e con ela, a miña amiga fantasía. Mentres tanto, medio inconsciente, eu só vexo en min unha muller que para non se perder no horizonte, está obrigada a saber elixir a única saída posible entre múltiples ocos dunha mesta rede de mar ¿E ti?
PD: conta a lenda que en noites de lúa chea, a alma dos auténticos namorados os fai converterse en pedra e asi a eles queda permitido gozar do seu "AMOR"
PD2: se aínda non vos pasou é que a media laranxa aínda non chegou.
PD3: ...esto é unha pincelada de fantasía que intenta adornar a fermosa realidade.

1 comentario:

  1. Por lo que dices es un sitio mágico. Iré y te comentaré lo que me sugiere a mi en mi blog.
    felices vacaciones
    Sir Camelot

    ResponderEliminar